Academia Yara Academia de perruquería e
estetica en Ribeira
Academia YARA

ActualidadeGalería

Perruquería

FormaciónServizos

Estética

FormaciónServizos

Academia de perruquería e estética en Ribeira

O 16 de setembro de 1991, froito da paixón polo oficio da perruquería e a estética, fundouse a Academia Yara.

Tras 25 anos sentímonos moi orgullosas de poder dicir que somos un centro de referencia no ensino da perruquería e da estética. Polas nosas aulas pasaron infinidade de alumnos e alumnas que hoxe en día son grandes profesionais que estableceron moitos dos negocios adicados a este sector por todo o Barbanza pero tamén por toda Galicia e incluso España.

Deste gran orgullo forman parte todo o equipo de traballo que conforma Academia Yara, e tamén todo o alumnado e clientas que pasan por aquí. A todos eles: Grazas por formar parte de nós.

CHEFA E MAME
Fundadoras de Yara

Últimas novas na academia

DÍA DA MULLER

DÍA DA MULLER

08/03/2019

O día 8 de marzo celébrase o DÍA INTERNACIONAL DA MULLER. Non hai só unha, senon varias razóns polas que este día é en marzo, concretamente o día 8.

Aquí tes parte da historia, que tódalas mulleres deberíamos coñecer e non esquecer nunca, pois grazas a elas desfrutamos dos dereitos que temos hoxe en día e debemos continuar a loita que elas comezaron para chegar a ter por fin unha igualdade entre homes e mulleres, unha igualdade real.

Curso Automaquillaxe

Curso Automaquillaxe

01/03/2019

Novo Curso de Automaquillaxe!!

Contido:

-        Como coidar a túa pel

-        Correccións, bases e tipos de maquillaxe segundo a túa pel e rostro

-        Paso a paso para maquillaxe de día e de noite

 

Será o día 25 de marzo en horario de mañá, de 09:30 a 13:30! O prezo inclúe 20 € no material de estética que ti escollas!

Grupos reducidos! Non quedes sen a túa praza!

Tratamento reparador do cabelo

Tratamento reparador do cabelo

20/02/2019

Notas o cabelo seco? sen brillo? non fas mais que deslialo?

O cabelo di moito sobre nos. Por esta razón queremos un cabelo fermoso, saudable e cheo de vida!! Agora é posible en só catro semanas e vendo os resultados dende a primeira aplicación con Prodige, o novo tratamento rexenerador.

Ademais recibirás un regalo!!

Depilación láser

Depilación láser

15/02/2019

Ainda que imos comentando por aquí as novidades, temos mais fotos na galería, no apartado de Depilación Láser!!

 

Ensino de calidade

En Academia Yara ofrecemos unha formación de calidade:

  • Dispoñemos do certificado do ISO 9001:2008 que acredita o cumprimento dos requisitos exixidos polo sistema de xestión de calidade.
  • Somos Centro Colaborador de Formación Ocupacional dende 1994.
  • Formamos parte da Asociación de Empresarios de Ribeira (VIAMARE), da Organización Mundial de Artes e Técnicas (OMAT) e da Asociación de Centros de Ensino de Perruquería e Estética de Galicia (CEPEGA).
  • Recibimos o premio Dolmen de Ouro no 2007 coma recoñecemento a nosa labor.
  • Logo Omat
  • Logo Cepega
  • Logo ISO
  • Logo Dolmen
Novedades - Academia YARA

Novas e actualidade

Mantente ao día con todas as novidades relacionadas coa nosa academia de perruquería e beleza.

Galería  - Academia YARA

Coñécenos en fotos

Na nosa galería de fotos poderás coñecer a nosa academia, estudantes e traballos realizados.