Academia Yara Academia de perruquería e
estetica en Ribeira
Estética oncolóxica - Academia YARA

Perruquería con estética oncolóxica en Ribeira

"Todos temos a alguén preto que padece esta enfermidade. En canto a diagnostican comezan a aparecer dúbidas: que vai pasar co meu aspecto? Usarei perruca? Onde comprala? Como maquillarme? Que maquillaxe usar? Cando me nacerá cabelo? Podo tinguirme? Hoxe síntome moi orgullosa de poder responder a todas estas preguntas e de conseguir que a xente non se teña que desprazar de Ribeira para asesorarse sobre a súa imaxe persoal.

O cancro marcou a miña vida coa enfermidade de meu pai cando era adolescente, rememorando esa situación con cada caso que coñecía, de aí que comecei a sentir a necesidade de colaborar na medida das miñas posibilidades con esta situación, e ese momento por fin chegou. Son voluntaria na Asociación Contra o Cancro de Ribeira levando a cabo un taller de oncoestética, creamos un banco de perrucas para persoas sen recursos, e agora, tamén ofrezo no meu traballo, con total intimidade, a posibilidade de adquirir material de posticería e toda clase de consellos para que a xente que está pasando polo tratamento lle sexa o mais levadío posible.

Por fin un soño cumprido, e aquí estou á vosa disposición e encantada de atendervos sempre que necesitedes e con todo o meu cariño."

CHEFA

Perruquería con estética oncolóxica en Ribeira

Aínda que a perda de cabelo polos efectos da quimioterapia é temporal, verse sen el é difícil, polo que moitas veces afecta moi negativamente ao ánimo das persoas que o sofren, sobre todo nas mulleres. Que os pacientes afronten esta situación transitoria có mellor estado de ánimo posible axudará enormemente a súa recuperación, por iso, en Academia Yara, queremos axudar a manter a túa imaxe persoal, para que te sintas mellor cara ti mesma e tamén cara as persoas que te rodean.

En Academia Yara ofrecémosche varias solucións estéticas para este período no que a túa imaxe habitual se ve afectada. Con nós terás o mellor asesoramento profesional, sempre estaremos ó teu lado facendo que te vexas ben e te sintas mellor. Poñemos á túa disposición panos, turbantes de bambú, perrucas, próteses, material de maquillaxe e os mellores consellos.

O tecido de bambú é mais suave que o algodón. É unha fibra natural que non irrita a pel, ideal para peles sensibles, con alerxia ou dermatite. As perrucas pasan totalmente inadvertidas, teñen unha colocación segura, podes escollela de pelo natural, adaptando o corte e a cor que desexes, ou de fibra, que destacan por ter un look moi actual. Ambas son lixeiras, permiten a transpiración e son de moi boa calidade.

Estamos encantadas de atenderte con total privacidade no noso centro. Non o dubides e pide cita con nós sen compromiso.

Consulta os últimos modelos e traballos de Yara.

Coidados para ti e para a túa pel

Sempre, pero máis neste período, é moi importante coidar a pel, en especial a do coiro cabeludo.

As células cancerosas tenden a dividirse e crecer de forma descontrolada; sen embargo, a maioría das células normais do corpo fano de modo ordenado e preciso. Os tratamentos quimioterapéuticos evitan a rápida e incontrolada división celular que ten lugar na zona tumoral. Ó facer isto, as células normais que se dividen tamén se ven afectadas, provocando, entre outras cousas, un desgaste importante da pel, as unllas e a caída do cabelo.

A pel deshidrátase moito, vólvese tensa. As unllas sofren unha perda de forza e rotura e o cabelo cae, deixando sen protección á pel do coiro cabeludo, que se volve aínda mais sensible.

A hidratación da pel na casa neste período é moi importante para a súa posterior recuperación. En Academia Yara, ademais, propoñemos unha serie de sesións de hidratación para o coiro cabeludo que desintoxicará e calmará a pel.

Os consellos, neste intervalo da túa vida, son moi importantes xa que axudan a que o leves mellor. Visítanos e aconsellámoste.

Novedades - Academia YARA

Novas e actualidade

Mantente ao día con todas as novidades relacionadas coa nosa academia de perruquería e beleza.

Galería  - Academia YARA

Coñécenos en fotos

Na nosa galería de fotos poderás coñecer a nosa academia, estudantes e traballos realizados.