Academia Yara Academia de perruquería e
estetica en Ribeira
Formación perruquería - Academia YARA

Cursos de perruquería en Ribeira

Na Academia Yara preparamos aos nosos alumnos e alumnas para enfrontarse ao mundo laboral, para iso ofertamos os Niveis II e III de Peiteado.

Nivel II

Trátase dun curso dun ano de duración que consta dunha parte práctica que se completa con outra parte teórica, onde os alumnos adquiren a independencia necesaria á hora de realizar os traballos técnicos que a continuación se describen:

  • Atención ao cliente.
  • Recepción no salón.
  • Lavado e acondicionamento do cabelo.
  • Peiteado e acabado do cabelo.
  • Técnicas básicas de cambio da cor.
  • Técnicas básicas de corte.
  • Trenzados e recollidos básicos.
  • Duración: 1 ano
  • Modalidade: presencial
  • Horario: 4 horas diarias de luns a venres

Nivel III

Para unha formación máis completa o Nivel II poderá ser completado cun ano máis de curso, obtendo desta forma o Nivel III de Salón de Peiteado do Reino Unido.

Esta formación consta de dous anos de duración dos cales o primeiro correspóndese co Nivel II e o Nivel III no que os alumnos adquiren a aptitude necesaria para executar unha larga lista de tarefas técnicas complexas e especializadas, que se corresponden, entre outras con:

  • Ofrecer servizos de asesoramento.
  • Peiteados creativos con diferentes estilos e técnicas.
  • Cambios de cor con técnicas variadas.
  • Corrección da cor.
  • Diversas técnicas de corte.
  • Cambios de forma permanentes.
  • Trenzas e recollidos especializados.
  • Este nivel ofrécelle ao alumno a autonomía suficiente para poder desempeñar todas as funcións nun traballo que inclúa a responsabilidade sobre os traballos efectuados por outras persoas e o reparto dos recursos.
  • Duración: 2 anos
  • Modalidade: presencial
  • Horario: 4 horas diarias de luns a venres

Horario

O alumnado poderá escoller entre o seguinte horario:

  • INVERNO (Data: 1/09 - 15/06)
  • Mañá: 9:30 a 13:30
  • Tarde: 16:00 a 20:00
  • VERÁN (Data: 15/06 - 15/08)
  • Mañá: 9:30 a 13:30
  • Tarde: 11:30 a 15:30
  • Venres: 12:00 a 16:00
  • VACACIÓNS
  • Semana Santa
  • 15-31 de agosto
  • 24-31 de decembro

Matrícula

O período de matrícula correspóndese co primeiro trimestre do ano e os meses de setembro, outubro e novembro. Se tes algunha dúbida, contacta con Academia Yara.

Se necesitas máis información podes poñerte en contacto con nós!

Ensino de calidade

En Academia Yara ofrecemos unha formación de calidade:

  • Dispoñemos do certificado do ISO 9001:2008 que acredita o cumprimento dos requisitos exixidos polo sistema de xestión de calidade.
  • Somos Centro Colaborador de Formación Ocupacional dende 1994.
  • Formamos parte da Asociación de Empresarios de Ribeira (VIAMARE), da Organización Mundial de Artes e Técnicas (OMAT) e da Asociación de Centros de Ensino de Perruquería e Estética de Galicia (CEPEGA).
  • Recibimos o premio Dolmen de Ouro no 2007 coma recoñecemento a nosa labor.
  • Logo Omat
  • Logo Cepega
  • Logo ISO
  • Logo Dolmen
Estética oncolíxica - Academia Yara

Estética oncolóxica e tratamentos do cabelo

Na nosa academia, ademais de ofrecer servizos e formación en perruquería e estética, tamén contamos con un espazo para o tratamento do coiro cabeludo.

Ademáis, dispoñemos dun asesoramento persoal en estética oncolóxica, para todas aquelas persoas que sofren de cancro e precisan axuda para afrontar esta situación.

Tratamentos do cabeloEstética oncolóxica

Novedades - Academia YARA

Novas e actualidade

Mantente ao día con todas as novidades relacionadas coa nosa academia de perruquería e beleza.

Galería  - Academia YARA

Coñécenos en fotos

Na nosa galería de fotos poderás coñecer a nosa academia, estudantes e traballos realizados.