Academia Yara Academia de perruquería e
estetica en Ribeira
Tratamientos cuero cabelludo - Academia YARA

Na Academia Yara queremos coidar a túa pel

Apenas se lle presta atención á pel do coiro cabeludo, sen darnos conta de que é unha continuación da pel da cara, a cal si coidamos. Esta pel tamén sofre, podendo estar sometida a diferentes alteracións, como exceso de descamación, exceso de graxa ou alopecia.

En Academia Yara dispoñemos dun servizo de tricoloxía, no que realizamos un diagnóstico utilizando unha microcámara que nos axuda a observar o estado do coiro cabeludo, ofrecendo unha serie de tratamentos que axudan á pel a recuperar a súa normalidade.

As alteracións máis comúns que podemos atopar no coiro cabeludo son:

  • Psoriase.
  • Pitiriase simple.
  • Pitiriase esteatoide.
  • Descamación por deshidratación.
  • Seborrea.
  • Hidroseborrea.
  • Alopecia androxenética masculina.
  • Alopecia androxenética femenina.
  • Alopecia areata.
  • Alopecia ofiásica.

Se te sentes identificado con algunha delas, visítanos sen compromiso. Faremos un tratamento personalizado tendo en conta as túas necesidades e realizaremos un diagnóstico. Ademais darémoste diferentes pautas e consellos para ensinarche a coidar o teu coiro cabeludo, para manter as condicións saudables e equilibradas.

Novedades - Academia YARA

Novas e actualidade

Mantente ao día con todas as novidades relacionadas coa nosa academia de perruquería e beleza.

Galería  - Academia YARA

Coñécenos en fotos

Na nosa galería de fotos poderás coñecer a nosa academia, estudantes e traballos realizados.